PRESENTACIÓN SISTEMA EDUCATIVO EN XAPÓN

皆さん、こんにちは![1]

Chegamos á última entrada da materia! Este derradeiro comentario no blog Sobre a ensinanza do xaponés está centrado na presentación oral feita no último día da asignatura.

A miña presentación estivo centrada no sistema educativo xaponés e a súa excelencia e efectividade, especialmente arredor do tema da ensinanza das linguas estranxeiras. Máis alá de falar dos puntos positivos do sistema educativo xaponés, decidín orientar a presentación arredor dos orixes da ensinanza das linguas estranxeiras (especialmente do inglés) no país nipón, a súa evolución nas últimas décadas e a situación das linguas estranxeiras no sistema educativo actual.

A continuación, adxunto dita presentación, na que tamén se pode atopar a bibliografía que consultei para realizala.

皆さん、ここまでありがとうございます!また今度![2]

Enlace á Presentación.



[1] Tradución ao galego: Ola a todos!

[2] Tradución ao galego: Moitas gracias por todo ata agora! Vémonos na próxima!

Comentarios

  1. Ola, María! (Quería poñelo en xaponés, pero non me quero arriscar a que o tradutor me engane sen querer)
    Encantoume a túa presentación xa cando a escoitei en directo na clase, por iso volvín ata o teu blog a botarlle un segundo vistazo ás túas diapositivas.
    A verdade é que non sabía moito sobre o sistema educativo xaponés e o trato que lle dan ás linguas estranxeiras. Soamente coñecía a famosa competitividade excesiva pola que se caracterizan.
    Sorprendeume o enfoque tan de negocios co que miran cara ao inglés e o resto de linguas que, en outros países como España, moitas veces estudamos por gusto simplemente. A súa aproximación á lingua estranxeira desa forma tan teórica e gramatical recórdame algo á visión que se tiña da educación en LE que había aquí en España ata fai pouco. Como temos comprobado, aínda que seguramente na escrita este sistema pode dar bos resultados, somos conscientes que na parte oral da lingua non é moi eficaz, o que causa perfís moi distantes nas diferentes competencias da lingua. Espero que coma dis ti comecen a corrixir isto para poder practicar mellor a fonética e a pronuncia para subir os niveis das competencias faladas.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares