Sobre a importancia da avaliación

皆さん、おはようございます!元気ですか。[1]

Hoxe adentrámonos na que, probablemente, sexa a última entrada deste blog. Ao longo de todos os diferentes escritos tratamos de achegarnos a diferentes aspectos da ensinanza das linguas estranxeiras en xeral, cunha especificación particular na lingua xaponesa sempre que se podía. Agora, xa chegados á última das entradas deste tipo, trataremos de manter esa unidade que creo que aportou personalidade a este blog e falar, como colofón final, do tema da avaliación na aula de linguas estranxeiras e, máis particularmente, na aula de xaponés.

Esta última entrada corresponde, polo tanto, ao tema 11 da materia Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras, titulado A avaliación na aula de linguas estranxeiras, impartida pola docente Cristina Rodríguez.

A temática da avaliación xa foi traballada noutras materias neste curso de Mestrado, e incluso falamos brevemente dela nas clases desta mesma asignatura. Porén, neste caso adentrámonos nas características máis específicas do tema, tratando de valorar todas as diferentes modalidades de avaliación que existen e, incluso, creando un exemplo de avaliación a través dunha rúbrica.

Comezamos a sesión falando das características que debe ter unha boa avaliación e os diferentes instrumentos que podemos empregar, como docentes, para avaliar ao noso alumnado. Fillemos especial fincapé na rúbrica como instrumento de avaliación. De feito, a primeira actividade que levamos a cabo consistiu na elaboración dunha rúbrica para a actividade de mediación que desenvolvimos en grupos no tema 3 (e sobre a que falei na anterior entrada).

Esta foi a rúbrica que elaborou o meu grupo (grupo 4):


Por suposto, esta rúbrica foi creada cun tempo moi reducido para o que debería terse empregado para que o resultado fose completamente satisfactorio, pero si que constitúe unha base da que partir para futuras rúbricas.

Grazas a este exercicio de aula puiden caer na conta de que a elaboración deste tipo de instrumentos de avaliación constitúe un proceso moi esixente, exhaustivo e demandante. A medida que a elaborabamos recibiamos feedback de parte da profesora, que cuestionaba eleccións de palabras e expresións empregadas. Por suposto, non é o mesmo elaborar un criterio en base a un uso “axeitado” do vocabulario, sen máis, e sen ter en conta outras particularidades que pode ter este vocabulario, como que sexa rico, variado, creativo… Este tipo de cuestións son aspectos nos que, personalmente, non reflexionaba demasiado, xa que nunca tivera a oportunidade de prantexarmos.

Porén, este breve reflexión que acabo de reflectir levoume a búsqueda de bibliografía ao respecto. Como di Margarita R. Rodríguez – Gallego no seu artigo Evidenciar competencias con rúbricas de evaluación, “La rúbrica es una herramienta versátil que provee al alumno, por una parte, de un referente que proporciona un feedback relativo a cómo mejorar su trabajo, y por otra, proporciona al profesor la posibilidad de manifestar sus expectativas sobre los objetivos de aprendizaje fijados” (p.119) Por soposto, a utilidade do uso destas rúbricas xa a coñeciamos, pero resultoume moi interesante ler ao seu respecto dende unha perspectiva máis puramente teórica.

Polo tanto, diría que o máis complexo á hora de traballar con este tipo de ferramenta é, precisamente, elaborar unha rúbrica completa e fiable. A este respecto, atopei o artigo ¿Cómo elaborar una rúbrica?, de Fiorina Gatica – Lara, no que a autora facía unha distinción entre dous tipos diferenciados de rúbrica, as rúbricas globales e as rúbricas analíticas:

La rúbrica global, comprensiva u holítsitca hace una valoración integrada del desempeño del estudiante, sin determinar los componentes del proceso o tema evaluado. Se trata de una valoración general con descriptores correspondientes a niveles de logro sobre calidad, comprensión o dominio globales. Cada nivel se define claramente para que los estudiantes identifiquen lo que significan. (…) Es recomendable utilizar esta rúbrica cuando se desea un panorama general de los logros, y una sola dimensión es suficiente para definir la calidad del producto (…)

La rúbrica analítica se utiliza para evaluar las partes del desempeño del estudiante, desglosando sus componentes para obtener una calificación total. (…) Estas matrices definen con detalle los criterios para evaluar la calidad de los desempeños, y permiten retroalimentar en forma detallada a los estudiantes.

No resto do artigo, desenvolve os pasos requeridos para elaborar unha rúbrica, as súas vantaxes e os inconvintes máis importantes. Creo que, como futuros docentes, é absolutamente fundamental que coñezcamos á perfección todas estas diferentes ferramentas de avaliación para poder adecuarnos ao noso grupo e alumnado da forma máis personalizada posible.

Por outra banda, outra cuestión que traballamos na aula foi a da autoavaliación, a coavaliación e o uso do feedback. Non é a primeira vez que falo deste aspecto da ensinanza en Xapón no blog, pero a autoavaliación e a coavaliación son sistemas avaliativos moi populares no sistema educativo xaponés. Porén, non fixen ningún tipo de análise do tema do feedback.

No artigo Cultural differences in self – evaluation. Japanese Readily Accept Negative Self – Relevant Information, os seus autores falan da influencia que ten para traballadores xaponeses o feedback que reciben dos seus superiores. Entre os resultados do artigo gustaríame destacar a seguinte oración: “… Japanese are highly sensitive to information indicating their weaknesses” (p.440) Dende a mina perspectiva persoal, é importante que o alumnado coñeza eses aspectos nos que son menos hábiles a través dun feedback que aporte esta información dun xeito positivo e centrado en como poden mellorar as súas destrezas.

En resumo, podemos concluir que os diferentes tipos de avaliación son imprescindibles para coñecer o sistema que máis se adecúe ao noso futuro grupo e alumnado. O sistema das rúbricas, por exemplo, é moi complexo, e merece ser estudado de forma pormenorizada para saber construílas da forma máis completa posible.

Con esta última reflexión dou por rematada a última entrada do blog. Espero que terades disfrutado dos meus apuntes sobre as clases do Mestrado e que algunha delas fixéravos pensar ou, polo menos, coñecer algo máis de cerca o sistema de ensinanza do xaponés dende diferentes puntos de vista.


Bibliografía

  • Heine, S. J., Kitayama, S., & Lehman, D. R. (2001). Cultural Differences in Self-Evaluation: Japanese Readily Accept Negative Self-Relevant Information. Journal of Cross-Cultural Psychology, 32(4), 434-443. https://doi.org/10.1177/0022022101032004004
  • Gatica-Lara, F., & Uribarren-Berrueta, T. del N. J. (2013). ¿Cómo elaborar una rúbrica? Investigación en Educación Médica, 2(5), 61-65. https://doi.org/10.1016/S2007-5057(13)72684-X
  • Rodríguez Gallego, M.R. (2014). Evidenciar competencias con rúbricas de evaluación. Escuela Abierta, 17, 117-134.


[1] En galego: Ola a todos! Como estades?

Comentarios

  1. Ola, María!
    Como ben dis, isto da avaliación resulta bastante peliagudo e é que canto máis afondamos no tema, máis complexo se torna. Atopar o punto exacto de obxectividade á hora de elaborar unha rúbrica semella para min a parte máis delicada deste tema e é que nela reside a asimilación de todos os coñecementos que fomos adquirindo ata o de agora. Dende o meu punto de vista actual, considero que ha ser difícil quedar conformes co noso traballo en canto á creación destas ferramentas, xa que sempre vai quedar o lugar á dúbida á hora de valorar o esforzo dos demais. De todas as formas niso consiste na aprendizaxe, en atreverse a seguir formándose!
    Saúdos,
    Xoana!

    ResponderEliminar
  2. Ola, María!

    Que interesante o que comentas do feedback en Xapón, non só a nivel aula, senón tamén a nivel laboral. Como ben dis, é importante sempre a maneira de proporcionar ese feedback para evitar que o alumnado o perciba como algo negativo, máis ben ao contrario. Para iso, a min parecéronme moi interesantes propostas como o sandwich ou a ladder of feedback que vimos na clase. A clave está en que sempre se plantexe en positivo.

    Con respecto ás rúbricas, é moi importante saber ben como crealas; non obstante, debemos sempre analizar que instrumento de avaliación é o máis adecuado para cada tipo de tarefa, xa que, ás veces, unha checklist resulta suficiente, por exemplo. Supoño que a práctica fai á maestra!

    Saudiña,
    Karen

    ResponderEliminar
  3. Boas de novo, María!

    Primeiramente, quero agradecerte por compartires tan detalladamente as túas reflexións nesta última entrada do blog. É evidente que ao longo do tempo adicado a este blog, proporcionaches unha visión enriquecedora e variada sobre a ensinanza das linguas estranxeiras, cun enfoque particular no xaponés.

    A análise detallada que fixeches sobre a avaliación na aula de linguas estranxeiras, especialmente na aula de xaponés, penso que é moi valiosa. Destaco a túa explicación sobre a elaboración de rúbricas, destacando a súa complexidade e a necesidade de atención aos detalles no proceso. O exemplo da rúbrica creada polo teu grupo para a actividade de mediación gustoume moito e paréceme moi completa.

    Ademais, a túa búsqueda de bibliografía e a inclusión de citas, como a de Margarita R. Rodríguez-Gallego, axudan a fundamentar as túas reflexións e proporcionan un contexto teórico máis sólido, polo que penso que engadir este tipo de cousas a máis foi un completo acerto. A distinción entre rúbricas globais e analíticas, xunto coa explicación de Fiorina Gatica-Lara, aporta unha comprensión máis profunda deste instrumento de avaliación, cousa que nos axuda moito nos inicios.

    A mención da autoavaliación, coavaliación e o uso do feedback, especialmente na cultura xaponesa, tamén a encontrei moi interesante. A influencia do feedback na sociedade xaponesa e a súa sensibilidade á información sobre as súas debilidades é unha perspectiva valiosa que engade contexto á discusión e que creo que moitos de nós descoñecíamos.

    De verdade, penso que esta última entrada foi unha gran despedida tanto reflexiva coma informativa. A túa atención ás diferentes formas de avaliación e a súa aplicación específica ao contexto xaponés foi unha contribución valiosa. Agradezo a túa dedicación a compartir as túas experiencias e reflexións ao longo deste blog. Estou segura de que a túa visión será inspiradora para quen lea estas entradas. Parabéns polo excelente traballo, Maria! Vémonos!

    Saúdos,
    Natalia

    ResponderEliminar

  4. Boas, María!

    Teño que confesar que como futura docente intimídame moito todo o tema das rúbricas, xa que coma ti dis, o máis difícil é crear unha boa ferramenta que avalíe de verdade as habilidades do alumnado e, sobre todo, que lles sirva para seguir mellorando. Coincido contigo en que como docentes debemos informarnos moi ben sobre este asunto xa que cada vez están máis presentes nas nosas aulas e sen dúbida será unha das ferramentas clave cando sexamos profes. Ademais, tamén me parece imprescindible que se forme ao alumnado en canto ao entendemento e uso de rúbricas, para que os nenos e nenas sexan plenamente conscientes da súa avaliación e polo tanto lle saquen o maior rendemento posible.

    En canto ao feedback en Xapón, pareceume moi interesante que este sexa importante ata en contextos laborais. Como mencionas, este deberíase darse sempre co obxectivo de mellorar, é sempre creando un ambiente positivo no que o alumnado non teña medo de fallar para aprender, que é do que se trata todo isto!

    Para rematar, darche as grazas pola túa entrada e polo teu blog en xeral. Desfrutei moito durante estes meses lendo as túas reflexións sobre a ensinanza de xaponés. É unha mágoa que xa remate todo isto.

    Vémonos!
    Antía

    ResponderEliminar
  5. ¡Muchas gracias! Disfruté mucho leyendo tu entrada. Me pareció interesante lo que Margarita R. Rodríguez menciona sobre las rúbricas, especialmente cómo proporcionan un punto de referencia para que los alumnos puedan mejorar, y permiten al profesor expresar lo que espera del alumnado. Estoy de acuerdo contigo en que es crucial perfeccionar y dominar el uso de las herramientas de evaluación para brindar una atención más personalizada. Sin embargo, también agregaría que esta atención debe ser coherente y transparente para todos los estudiantes, dejando claro qué hacer, cómo hacerlo y cómo mejorar.

    Encontré fascinante lo que mencionaste sobre el proceso de aprendizaje de los japoneses y la retroalimentación negativa. Me ha quedado claro que el feedback debe ser más positivo y objetivo para evitar afectar el ego y motivar a los estudiantes a trabajar para mejorar.

    ¡Gracias de nuevo, María!

    ResponderEliminar
  6. Hola María!
    Justamente tuve tu misma dificultad cuando estuvimos elaborando la rúbrica, ya que a menudo caía en descripciones de elementos que de por sí no sirven para evaluar, así que me alegro de haber colaborado contigo y que nos hayamos podido ayudar para comprender poco a poco los pasos a seguir y corregirnos. Evidentemente me queda mucho por aprender, teniendo en cuenta que esa fue nuestra primera toma de contacto con esta herramienta, pero ahora sabría más o menos por dónde empezar.
    Sobre lo que dices respecto a otras técnicas, como la coevaluación o la autoevaluación, coincido contigo en que su utilidad y eficiencia sólo se da si se logra integrar y expresar de forma correcta ante la clase, ya que de lo contrario perdería por completo su valor didáctico. Creo que las clases de idiomas, especialmente en las EOI, son un contexto ideal en el que poner en práctica estas diferentes tipologías de evaluación.
    Finalmente, te quería dar las gracias por mencionar el artículo sobre el feedback en la cultura japonesa, ya que seguramente plantee reflexiones muy útiles que posiblemente pueda aplicar de cara a la docencia y en más ámbitos. ¡Lo leeré en cuanto pueda!

    ¡Gracias otra vez!
    Francesca

    ResponderEliminar
  7. Ola María!

    Cantos comentarios tes! Igual chego algo tarde, pero é que a túa entrada pareceume que remata cun broche moi interesante de información que a diferenza de outras moitas: que na cultura xaponesa son moi sensibles ao feedback especialmente se se fala das súas debilidades —e isto non é unha crítica ás entradas dos compañeiros/as incluíndo a miña, mais ao ter todos un formato semellante é difícil aportar información moi novidosa—. Este punto que aportas paréceme moi interesante porque estivemos falando bastante sobre os beneficios do feedback e o importante que pode ser, mais acompañado tamén con comentarios máis elaborados por exemplo ou outros sistemas de avaliación, para a evolución do noso alumnado, mais penso que soamente mencionamos a técnica do sandwhich para proporcionalo. O aspecto cultural aquí fai isto aínda máis complexo, e estou totalmente de acordo contigo que coñecer as debilidades de cada quen é valiosísimo para avanzar, pero ter en conta o carácter xeral do noso alumnado ou se hai alguén con problemas de autoestima por exemplo tamén penso que será clave. En calquer caso, supoño que se este tipo de avaliación xa se empeza a traballar dende que son pequenos non haberá este tipo de problemas e a dinámica polo tanto e a actitude ante a crítica será moi boa e enriquecedora.

    Polo demais, María, unha entrada moi completa e clara como sempre. Noraboa polo teu blog :)

    Unha aperta,
    Sabela

    ResponderEliminar
  8. ¡Hola María! Enhorabuena por tu última entrada en el blog. Sin duda ha sido un trabajo arduo pero que ha servido como herramienta de aprendizaje muy útil en las distintas asignaturas donde lo hemos utilizado. Quizá este blog sea el método de evaluación más característico y variopinto de este máster, como justamente lo fueron las rúbricas cuando estudiábamos japonés. Y es que como dices, las rúbricas están ampliamente extendidas en el sistema educativo japonés, intercalándose junto con procesos de autoevaluación y coevaluación que sin duda mejoran la metacognición y la autopercepción del estudiante como ente aprendiente.
    Igual que como has señalado en tu entrada, el uso de rúbricas no solo se da en el sistema educativo nativo japonés, sino que se exporta en el aula de japonés como lengua extranjera en los distintos países donde se da clase. Aún así, pese a que estuviéramos acostumbrados al uso de rúbricas en nuestro proceso educativo, ha sido todo un reto diseñar la nuestra propia para un mero ejercicio de aula.

    ¡Un saludo y nos vemos en las prácticas!
    Jonay

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares