SITUACIÓNS VARIABLES NO ENSINO DE LINGUAS ESTRANXEIRAS, DOSIER E DIARIO TEMA 1

皆さん、こんにちは![1]

Esta é a primeira entrada correspondente á nova materia: Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Como tal, a temática será diferente á das anteriores entradas, pero manteremos o punto común das linguas estranxeiras e de todo o relacionado coa súa ensinanza. Aínda que nesta entrada xuntaremos as dúas partes, de diario e dosier, que incluían os anteriores comentarios deste blogue, tamén atoparemos reflexións acerca do xaponés en particular como lingua estranxeira, como ven sendo costume neste blogue.

As dúas sesións correspondentes ao primeiro tema da materia, titulado Situacións e variábeis de ensino das linguas estranxeiras, correspondéronlle ao docente Gonzalo Constenla.

As sesións orientáronse cara a explicación e reflexión acerca do ensino de linguas en xeral, xa que non nos centramos únicamente no caso das linguas estranxeiras. De feito, resultoume especialmente interesante unha das primeiras actividades que fixemos en relación coa adquisición de linguas estranxeiras e da lingua materna.

O exercicio desenvolveuse a partir dun Diagrama de Venn, concretamente un con círculos superpostos. A actividade levouse a cabo por grupos, reflexionando acerca das diferencias que existen entre a adquisión dunha lingua materna e o aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Cada un dos grupos debía colocar, en cada círculo, as características únicas de cada un dos procesos e, na parte común de ambos os círculos, debíanse comentar aspectos compartidos.

Foi unha actividade coa que aprendín moito, especialmente porque fora algo acerca do que non reflexionara anteriormente pero que si que considero imprescindible ter en conta como futuros docentes de lingua estranxeira. Comprender os diferentes procesos que ocorren en nós á hora de integrar unha nova lingua no noso sistema é imprescindible para poder abordar a súa ensinanza de forma integral e completa.

Parte do interese que suscitou en min este exercicio ten relación coa situación da lingua xaponesa en tanto que lingua materna e lingua estranxeira. Entre as similitudes entre adquisición de lingua materna (ou inicial) e aprendizaxe de lingua estranxeira, o meu grupo contemplou o feito de que, en ambas situacións, o desenvolvemente da linguaxe oral era previo que o da escritura. Isto pode parecer unha obviedade, xa que é natural que o ser humano teña un maior grao de competencia en saberes pasivos que en activos. Porén, isto adoita referirse á competencia en redación (produción escrita) en contraposición á da expresión ou comprensión oral, pero non necesariamente ao caso do aprendizaxe da lectura (que só ten relevancia na lingua materna).

Porén, no caso do xaponés, resulta interesante como o aprendizaxe da lectura e a escritura (escritura entendida como o feito de escribir en si mesmo, sen entrar en cuestións de gramática) efectúase dun xeito case idéntico no caso da lingua materna e da lingua estranxeira. O rapaces xaponeses, para ser quen de escribir a súa lingua, deben estudar moitísimo o sistema de caracteres derivados dos sinogramas chinos. Do mesmo xeito, os estudantes de xaponés empregan inmurables horas de estudo para ser capaces de ler e escribir estos caracteres. Este fenónomo non ten lugar no caso das linguas estranxeiras que empregan o alfabeto latino, así como tampouco pode darse no caso doutras linguas que empregan sistemas de escritura máis sinxelos, como podería ser o hangoul coreano ou o alfabeto cirílico. Por suposto, cada lingua ten as súas particularidades e a súa adquisición é completamente diferente, pero resultoume curioso cómo, no caso do xaponés, hai varias similitudes entre o seu aprendizaxe como lingua estranxeira e como lingua materna.

Outra das actividades que levamos a cabo na aula consistiu na elaboración dun placemat. En grupos de 5, respondemos a certas preguntas acerca das linguas estranxeiras en xeral. Cada un dos membros do grupo debía responder de forma individual. Posteriormente, levábase a cabo un debate no que se comparaban as diferentes respostas de cada un dos integrantes do grupo e chégase a unha conclusión común. Este foi o noso placemat resultante, e respondía ás seguintes preguntas:

·       7. Un grupo de erasmus de 5 países europeos diferentes saen de festa e teñen que decidir o local onde van ir tomar a primeira copa. Que lingua van usar?

·       8. Nunha feira de tecnoloxía dixital reúnense comerciais de 6 compañías de Francia, Bélxica, Costa de Marfil e España. En que lingua falarán entre si?



A conclusión deste exercicio parecía moi sinxela nun primeiro momento: remarcar a hexemonía do inglés. Porén, o debate permitiunos atopar outras solucións posibles, atendendo á variedade lingüística que existe en contextos multiculturais.

O último dos exercicios levados á cabo consistiu na elaboración do noso repertorio lingüístico, tanto individual como común de todo o grupo. Pareceume un exercicio moi curioso, especialmente á hora de elaborar o repertorio lingüístico do grupo en xeral. Aínda que todos somos un grupo moi heteroxéneo foi moi curioso encontrar as nosas linguas comúns e todo aquilo que nos une como grupo.

Estes tres exercicios principais (xunto coas explicacións teóricas do docente e outros pequenos exercicios levados a cabo na aula, remataron de perfilar o tema. Aínda que, polo seu título, podería parecer un tema moi xeral e con contidos que xa podiamos coñecer de antes, a maior parte dos temas falados na aula eran completamente descoñecidos para min. Os exercicios prácticos en grupo interesáronme moito, así como todas as reflexións recollidas nesta entrada.

皆さんはどうおもいますか。また今度![2]



[1] Tradución ao galego: Ola a todos!

[2] Tradución ao galego: Vos que pensades? Vémonos a próxima!

Comentarios

  1. Ola, María!

    Primeiramente, quería dicir que a túa entrada foi moi informativa e reflexiva. Resulta fascinante como abordaches as similitudes e diferenzas entre a adquisición da lingua materna e o aprendizaxe dunha lingua estranxeira, especialmente no contexto do xaponés e dende a túa experiencia. O que dis sobre a importancia de comprender os diferentes procesos de integración dunha nova lingua no noso sistema é esencial para un ensino integral e eficaz.

    Considero que o exercicio do Diagrama de Venn foi moi interesante, e a túa análise sobre a lectura e escritura no xaponés, tanto como lingua materna como estranxeira, foi unha gran aportación á reflexión. A conexión entre a dificultade de aprender os caracteres derivados dos sinogramas chinos e a súa relevancia tanto para nativos como para estudantes de xaponés é un punto moi interesante, aínda que eu non teña moita idea dos idiomas asiáticos, si que me gustaría aprender algunhas nocións co tempo.

    Tamén me gustaron as vosas respostas ao exercicio do placemat e como estas levaron á conclusión da hexemonía do inglés en contextos multiculturais. Penso que mostra como a diversidade lingüística pode ofrecer solucións innovadoras e non simplemente seguir a tendencia predominante.

    No caso da elaboración do repertorio lingüístico, tanto individual como de grupo, éeu penso que foi unha maneira valiosa de recoñecer e apreciar a diversidade dentro do grupo. Estes exercicios prácticos e as reflexións teóricas do docente enriqueceron a comprensión do tema.

    Foron unhas sesións moi produtivas e, na miña opinión, penso que adoptamos unha perspectiva máis ampla sobre a didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Seguirei o teu blog de cerca ;)

    Ata a próxima!,

    Natalia

    ResponderEliminar
  2. ¡Hola María!

    El vincularlo con la enseñanza y la adquisición de la lengua japonesa para niños nativos me pareció súper interesante. Al final sí que es verdad que no se puede comparar el nivel de estudio del sistema de escritura japonés con uno basado en un alfabeto, por lo que a la hora de aprender el japonés como segunda lengua, se parece mucho a la manera de aprender a leer y escribir en japonés como si utilizáramos un método para nativos.
    Obviamente no es lo mismo y la adquisición de la lengua tampoco se refiere a cuestiones de lengua secundarias como la lectura y la escritura, se centraría más en cuestiones de adquisición del habla y comprensión oral, pero es curioso verlo de esta forma.

    ¡Un saludo y nos vemos por clase!

    ResponderEliminar
  3. ¡Hola María!
    Me parece muy interesante la reflexión que haces sobre el aprendizaje del japonés escrito, ya que muchas personas nos preguntan, a quienes estudiamos lenguas que usan ideogramas: "¿¿y los niños cómo aprenden??", y nos toca confirmar sus suposiciones sobre este largo y tedioso proceso.
    Como tal, se asemeja un poco a nuestro aprendizaje de normas ortográficas, a diferencia de que éstas se aprenden en su totalidad en la escuela primaria y nunca se olvidan, además de que, excepto en algunos casos, si confundimos una "ll" y una "y", la comunicación no se ve afectada y se intuye perfectamente lo que queremos realmente decir. En el caso del japonés, como bien dijiste, lleva años completar este conocimiento, incluso más allá de la fase escolar, y no saber escribir un carácter sí que podría comprometer la comprensión del texto. Además, en las últimas décadas se está observando un olvido generalizado entre las generaciones más jóvenes, que ya no saben cómo escribir correctamente caracteres más complejos, debido a que escriben casi exclusivamente mediante teclados y no a mano. Todos estos factores contribuyen a que el sistema de escritura japonés, al igual que el chino, sea famoso por su complejidad, que pone al mismo nivel de aprendizaje a los propios hablantes nativos y a quienes lo estudian como L2.

    Gracias por tus aportaciones en esta entrada
    ¡Un saludo!

    ResponderEliminar
  4. ¡Hola, María!

    En primer lugar, no podría estar más de acuerdo con tu reflexión acerca de las aportaciones de este tema a nuestros conocimientos como futur@s docentes. Si bien es importante ser lo más competentes posibles sobre los idiomas que queremos impartir, también resulta necesario tener en cuenta todas las posibles variables internas y externas en el contexto de nuestro futuro alumnado. En ese sentido, si bien me podría hacer una idea de ciertos aspectos como la motivación o las capacidades intrínsecas de cada un@, también es cierto que, por otro lado nunca me paré a pensar en qué es lo que diferencia realmente aprender la L1 de la L2.

    Por último, también debo mencionar que me pareció interesante tu referencia al caso del japonés. Si bien ofrecen una cultura e idioma completamente diferentes, por lo menos en mi caso, no puedo evitar sentir curiosidad por sus procedimientos en el aprendizaje de lenguas extranjeras. Definitivamente, su camino en el aprendizaje del inglés se encuentra enormemente diversificado del nuestro (¡aunque estoy seguro de que no te estoy diciendo nada nuevo!).

    ¡Muchas gracias por tu entrada!

    ResponderEliminar
  5. Ola, María!

    Moitas grazas pola túa entrada. Creo que as túas reflexións tanto dos contidos como das dinámicas utilizadas nas clases foron moi acertadas.

    Especialmente gustoume moito a comparación que fixeches coas similitudes que ten o xaponés como lingua estranxeira e como lingua nativa. Como mencionas, a escritura xaponesa de caracteres é moi importante na súa cultura e polo tanto a súa ensinanza e aprendizaxe ten un peso moi grande nas aulas de idiomas. Visto dende unha perspectiva estranxeira, gustaríame moito saber máis sobre a ensinanza do idioma xaponés no seu conxunto e como se vai engadindo por exemplo o uso de Kanjis cada vez máis complexos á medida que avanzan na aprendizaxe e como se combinan cos outros sistemas de escritura.

    Ademais a raíz de isto comentar que sempre me chamou moito a atención da cultura xaponesa a importancia que se lle da a caligrafía en xeral e tamén en relación cos Kanjis. Creo que é un aspecto da lingua que na nosa cultura temos máis descoidado.

    Moitas grazas outra vez e lémonos na próxima,

    Antía

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares