SOBRE OS DIFERENTES MÉTODOS DE AVALIACIÓN (DIARIO TEMA 5)
皆さん、こんにちは![1]
A entrada de hoxe consiste no
diario de aula das tres primeiras sesións da materia. No anterior post, adicado
ao dosier do tema, xa explorei os diferentes conceptos e contidos tratados
durante as clases. Ademais, tamén tratei de forma breve o concepto da avaliación
en varios dos seus significados e dimensións.
Esta segunda entrada pretende
afondar lixeiramente no exposto no post anterior: como avaliamos na escola e
que tipo de avaliacións a maiores poderían existir. Tamén tentarei, a maiores,
facer una breve comparación entre o sistema de avaliación español e o empregado
en Xapón, para conferirlle a este blog pinceladas do propósito co que foi creado:
achegar a realidade da ensinanza do xaponés e da ensinanza en Xapón.
Segundo a Real Academia Galega, o
termo avaliar posúe a seguinte definición: “Valorar o rendemento e dar unha
cualificación a [un alumno ou os traballos realizados por el]”. En términos
xerais, esta definición podería ser dada por perfectamente válida e realista. A
fin de contas, creo que podería atreverme a decir que esa foi exactamente a
experiencia de moito alumnado pertencente á miña xeración no que respecta ás
avaliacións escolares. O docente, a través dalgún tipo de sistema
(habitualmente unha proba de carácter escrito) comprobaba que os coñecementos
impartidos durante as clases foran adecuadamente retidos e interiorizados para,
de seguido, puntualos cunha cualificación numérica.
Agora ben, esta definición tan
asentada e validada pode dar pé a unha reflexión. En que medida unha nota
numérica (é decir, unha cualificación) é necesaria para “avaliar” a un
alumnado? Jorge Everardo Aguilar Morales, no seu artículo La evaluación
educativa (2011), establece que a función principal da educación é “establecer
un sistema de control de calidad” (p. 3). Ademais, tamén fala de funcións adicionais
como “facilitar el aprendizaje del estudiante, juzgar el progreso del alumno,
tomar decisiones acerca de qué métodos y materiales utilizar en la instrucción y
determinar la guía y orientación que requiere un estudiante” (p.4)
Por suposto, todo o noso sistema
educativo está centrado e organizado ao redor dunha cualificación numérica. Dende
o boletín de notas escolares ata as notas medias de Selectividade para poder
solicitar o acceso ao noso grao de preferencia, todo o sistema depende dese
valor cuantificable. Pero, é o aprendizaxe un valor cuantificable, se a súa
función é establecer un control de calidade da educación?
Por suposto, esta situación (que
poderíamos tildar de case obsesiva) de uso constante de cualificacións numéricas
non é só o caso de España. Xapón, país moi estereotipado en canto a súa educación,
tamén emprega un sistema de cualificación numérico (no seu caso de 1 a 5, sendo
o 5 a nota máis alta e o 1 a máis baixa).
Todos coñecemos a situación da
poboación xaponesa en canto aos estudos: moito esforzo, especialmente na
educación secundaria, longas xornadas de estudo e de traballo e exames como
método de cualificación habitual. Porén, a pesar de todos estes aspectos repetidos
ata a saciedade e que catalogan (moitas veces sen ser de todo certo) á Xapón
como un país no que o traballo e o estudo son capitais para a sociedade, o seu
sistema de avaliación presenta novidades que, aínda que son coñecidas en
España, non son empregadas de forma habitual no ensino secundario.
Estou a falar da coavaliación e, en
menor medida, da autoavaliación. En Xapón, a coavaliación posúe un gran peso
dentro do sistema escolar. Os compañeiros encárganse, frecuentemente, de avaliar
o traballo doutros estudantes. Así, favorécese o traballo en grupo e a
colaboración entre eles, ademais de favorecer o aprendizaxe.
No seu artículo La
participación del alumnado en la evaluación: la autoevaluación, la coevaluación
y la evaluación compartida (2005), M. López – Pastor, Marta González y José
J. Barba dan varias razóns polas que potenciar á participación do alumnado na
avaliación é importante: “mejora del aprendizaje y de los procesos educativos
generados, análisis crítico y autocrítica, relación con el desarrollo de la
autonomía del alumnado, la formación de personas responsables y el desarrollo
de una educación democrática”.
A primeira vez que eu empreguei
unha coavaliación na aula como alumna foi no grao de Estudos de Asia Oriental,
nunha materia impartida por unha profesora xaponesa. Dende ese mismo momento
reparei en que a coavaliación posuía moito peso nas clases do profesorado xaponés,
e reflexionei moito acerca do seu uso e do motivo polo que, en España, nunca o
empregara. Por ese motivo, resultoume moi interesante falar deste tema nesta
entrada, xa que esta foi outra asignatura na que a coavaliación púxose no punto
de mira.
A coavaliación permítenos unha
forma de avaliación non necesariamente numérica. Empréganse comentarios, valoracións,
suxerencias positivas e posibles aspectos a mellorar, polo que o alumnado coñece
as condicións concretas do seu traballo e sabe que facer para superarse a si
mesmo. Ademais, ao non tratarse dunha calificación final numérica, pode atopar
un feedback positivo máis alá do número no seu exame.
Considero que este tipo de
avaliación, que parece que comeza a empregarse cada vez máis tamén en España,
debería ser máis analizada polos docentes, especialmente por aqueles que
imparten clase nas aulas de secundaria. Creo que podería resultar interesante
ver como se adecúa o alumnado a outros sistemas de avaliación e todos os
aspectos positivos que poderíamos obter desa experiencia.
皆さんはどう思いますか。また今度![2]
Bibliografía:
·
López-Pastor, Víctor M. & González, Marta &
Barba, José. (2005). La participación del alumnado en la evaluación: La
autoevaluación, la coevaluación y la evaluación compartida. Tandem: Didáctica
de la Educación Física. 17. 21-37.
·
Aguilar-Morales, J.E. (2011) La evaluación
educativa. México: Asociación Oaxaqueña de Psicología A.C.

Como ya comentas, cuando se piensa en Japón y, en general, los países del este asiático, lo más normal es tener una visión muy centrada en las largas horas de estudio y esfuerzo. Es interesante saber que, en Japón, se le pone tanto valor a la coevaluación e incluso valoran la autoevaluación. Esto implica que, aunque el número existe en la evaluación, detrás de este no existe solo el cumplimiento o no de unos estándares, sino que se incluyen factores cualitativos. No voy a decir que España debería copiar a Japón en su sistema educativo, pero está claro que, por lo menos, este aspecto de la evaluación es algo que deberíamos adoptar.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
EliminarAnte el tema de la coevaluación y la autoevaluación podríamos pensar que sucede lo mismo en la educación en China. Sin embargo, en los últimos años la situación ha cambiado en algunas universidades como Tsinghua University, Beijing University, Shanghai Jiao Tong University, Fudan University porque se empieza a implementar estos dos tipos de evaluación en sus aulas. Estás universidades se percataron de que estos dos aspectos son fundamentales para la mejora del aprendizaje y para el progreso educativo, tanto para los alumnos como para el profesorado.
ResponderEliminarConsidero que debemos dar más visibilidad ante estás dos cuestiones, y cuanto antes lo llevamos a cabo en nuestras aulas antes mejoraremos las bases educativas.
¡Hola María! Interesante entrada sobre la coevaluación
ResponderEliminarLa verdad que desconocía que la coevaluación tuviese un peso tan grande dentro de la educación en Japón, siempre pensé que la educación formal en Japón era mucho más partidaria de acatar lo que el profesorado considerara. Sin embargo, sí que es verdad que volviendo la vista atrás, la coevaluación dentro de nuestras clases de japonés ha sido un punto importante en nuestro proceso de aprendizaje.
Sin embargo, en mi opinión personal creo que el proceso de coevaluación no debería tener un peso demasiado grande a la hora de estipular una calificación definitiva. La idea de dejar en manos tu nota y tu evaluación a compañeros tuyos que puede que hagan un buen o un muy mal trabajo podría causar desasosiego a los estudiantes, sintiéndose impotentes ante las decisiones que puedan tener sus compañeros con respecto a su trabajo. Pero si esa evaluación pasa al final por una revisión oficial de un docente, creo que este problema se solucionaría de una manera bastante eficaz, sin prescindir de este método de evaluación.
¡Feliz año de nuevo y nos vemos!