Benvida

 

皆さん、こんにちは![1]

Benvidas e benvidos ao blog 日本語を教えろこと (Sobre a ensinanza do xaponés), destinado á materia As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional

Neste blog traballarei, a modo de portfolio, cos diferentes contidos impartidos nesta asignatura do Mestrado en Formación de Profesorado. Aínda que os contidos das diferentes entradas serán moi variados e tomarán moi diversos formatos, tentarei que o nexo de unión da maior parte dos temas sexa a ensinanza do xaponés como lingua estranxeira ou, no seu defecto, tratarei de levar a cabo unha comparación entre a situación en España (ou Galicia) e Xapón no que respecta aos contidos impartidos na materia.

As diferentes entradas terán estruturas diferentes, combinándose dosiers de aula con investigacións relacionadas con diversos contidos. Cada unha delas contará cunha contextualización acerca do tema tratado nas sesións teóricas ou prácticas na aula.

Espero que atopedes a temática do blog interesante e xuntos poidamos aprender moitos aspectos novos sobre a educación, tanto en España como en Xapón.

皆さん、頑張りましょう![2]



[1] Tradución ao galego: Ola a todos!

 

[2] Tradución ao galego: Esforcémonos moito xuntos!

Comentarios

Publicacións populares