O SISTEMA DE OPOSICIÓNS E A PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA (DOSIER TEMA 6)
Ola a todos e todas!
Nesta
nova entrada do blog falaremos acerca da cuarta sesión da parte da materia Linguas
estranxeiras no contexto nacional e internacional impartida por Gonzalo
Constenla Bergueiro.
Esta
sesión si merece unha entrada de diario diferenciada, pois foi adicada ás programacións
didácticas vixentes e aos sistemas de oposición.
A
primera parte da clase foi puramente maxistral. Nela, o docente explicounos de
forma pormenorizada as principais características do sistema de oposición vixente
na actualidade para o profesorado de linguas estranxeiras, tanto a nivel de
ensino secundario como de Escola Oficial de Idiomas. Foi unha sesión moi interesante,
especialmente porque este tipo de cuestións teñen moita importancia para nós,
como futuro profesorado de linguas estranxeiras. Moitos de nós traballaremos na
educación pública, xa sexa dentro do ensino de idiomas, na Educación Secundaria
Obrigatoria ou na Formación Profesional. Porén, ata hoxe, esta foi a única
asignatura na que falamos de forma pormenorizada dos sistemas de acceso a esta
función pública, dos exames de oposición que moitos de nós deberemos pasar nun
futuro e en todos os pasos que deben ser tomados para achegarnos a esta posición
de docente.
Foi
unha clase que agradecín profundamente, xa que tamén houbo tempo para falar das
nosas dúbidas e inquietudes ao respecto. Tras esta sesión comprendemos moito
mellor todos os procesos polos que, probablemente, moitos de nós pasaremos nun
futuro.
Esta
non foi a totalidade da sesión. Unha vez rematada esta parte máis maxistral e
de ter resoltas todas as nosas dúbidas con respecto ao tema, pasamos a tratar o
seguinte puto da sesión: a programación didáctica.
Neste
mesmo Máster xa contamos cunha asignatura centrada no deseño curricular. Porén,
as programacións didácticas que traballamos nesa asignatura eran moito máis
pormenorizadas. A explicación destas unidades didácticas foi máis orientada a
aquelas que teremos que presentar na oposición, polo que foi unha sesión moi
enriquecedora.
Tamén
puidemos ter unha parte máis práctica, xa que, orientado a unha futura entrega
dunha unidade didáctica individual, tivemos que construir, por grupos,
diferentes seccións dunha programación completa.
O
meu grupo centrouse na concreción de elementos transversais. Falamos das súas
características e de cada un destes elementos de forma individualizada. A continuación,
transcribo o noso traballo sobre estes elementos, como peche final desta
entrada. Na próxima centrareime neste mesmo tema pero orientándoo ao caso das programacións
e sistemas de oposición existentes para a lingua xaponesa, temática principal
deste blog.
Traballo
realizado na aula
CONCRECIÓN DE ELEMENTOS TRANSVERSAIS
Elementos
transversais e modos de aplicación e relación coas unidades didácticas
ET.1:
Comprensión lectora: A comprensión
lectora traballarase en todas as unidades didácticas, pois é un elemento chave
e un obxectivo no currículo de lingua estranxeira para a adquisición da lingua
por parte do alumnado.
ET.2:
Expresión oral e escrita: Do mesmo
xeito que o anterior elemento, a expresión oral e escrita é tamén un dos
obxectivos principais da adquisición da lingua estranxeira. Entón, traballarase
de xeito xeral ao longo do curso en todas as unidades didácticas.
ET.3:
Comunicación audiovisual: A
comunicación audiovisual traballarase de xeito xeral ao longo do curso mediante
o uso das TICs nas distintas situacións de aprendizaxe. A súa aplicación será
de xeito específico comunicativo, mentres que a competencia máis xeral
traballarase co seguinte elemento transversal.
ET.4:
Competencia dixital: Do mesmo xeito que
o anterior elemento, a competencia dixital traballarase co uso das TICs nas
distintas situacións de aprendizaxe, cun enfoque mais xeral, utilizando
ferramentas de diversas formas, non limitándose unicamente a ferramentas
comunicativas.
ET.5:
Educación emocional e valores: O
alumnado debe adquirir determinadas actitudes e desenvolver determinados
comportamentos baseados en valores que lle sirvan tanto para o seu propio
desenvolvemento na súa vida diaria, como tamén para o seu desenvolvemento na
vida social con outras persoas.
ET.6:
Igualdade de xénero: A igualdade de
xénero é unha cuestión que a sociedade reclama constantemente, e polo tanto
debe incorporarse á acción educativa e traballarase no propio ensino formal do
alumnado para garantir un desenvolvemento eficaz na súa vida persoal, social e
política en cuestiones de xénero na súa vida diaria.
ET.7:
Creatividade: É moi
importante promover a creatividade do alumnado dende a consellería e debe ser
un elemento a traballar en todas as materias.
ET.8:
Educación para a saúde: O alumnado
debe preocuparse polo coñecemento da súa saúde e o profesorado de todas as
materias debe impulsar o seu coidado e influir nas súas competencias e
aptitudes.
ET.9:
Respecto mutuo e cooperación entre iguais: En todas as materias o profesorado deberá garantir o respecto entre todo o
alumnado, así como a súa cooperación nas tareas dentro e fora da aula.
ET.10:
Educación para a sustentabilidade e consumo responsable: Todas as materias deberán promover o respecto e
coidado das persoas, da diversidade, do medio ambiente e dos recursos do
planeta.
ET.11:
Emprendemento social e empresarial: Débese
traballar polo espírito emprendedor do alumnado, motivándoos e ofrecendo
oportunidades en todas as materias para traballar o emprendemento.
ET.12:
Fomento de espírito crítico e científico: O profesorado das diferentes materias debe promover o espírito crítico e
científico, ademais dunha actitude positiva e fomento da imparcialidade e
curiosidade.
Características
dos elementos transversais
O
seu carácter transversal: É dicir, non
aparecen asociados a unha soa área senón que se integran e asocian a todas e
cada unha das áreas que forman o currículo.
Importancia
social: As cuestións que se integran
dentro deles teñen unha importante significación social. Todas as cuestións
ambientais, así como as relacionadas coa saúde, a paz, a solidariedade… está
sendo constantemente reclamadas pola sociedade para que sexan incorporadas á
acción educativa, sendo ésta un dos eixes más importantes da formación dol
alumnado.
Valores
sociais: O alumnado sobre todo debe de
chegar a adquirir unhas determinadas actitudes, e a desenvolver determinados
comportamentos baseados en valores libremente asumidos.

Comentarios
Publicar un comentario