SISTEMA DE OPOSICIÓN DO XAPONÉS (DIARIO TEMA 6)

 皆さん、こんにちは![1]

En relación co tema do que falamos na entrada anterior sobre o sistemas de oposición cabería, neste blog, un comentario e reflexión acerca do que coñecemos sobre este proceso no caso da lingua xaponesa.

Non se coñece demasiado acerca deste exame de oposicións, problemente porque non son exames habituais e teñen lugar en comunidades autónomas moi concretas. Segundo a web buscaoposiciones.com, as únicas convocatorias de oposicións en Escola Oficial de Idiomas de lingua xaponesa foron en 2018 e 2020. No caso das do 2018, contábase cunha praza para e Escola Oficial de Idiomas de Madrid. No 2020 contouse con outra praza máis para esta escola, cun total de dúas, ademáis de que tamén houbo 1 praza para o corpo de profesores de EOI en Cataluña.

Porén, iso é todo. Non existe rexistro doutras oposicións de lingua xaponesa no territorio español, aínda que é unha lingua ofertada en moitas outras Escolas Oficiais de Idiomas. Esta escaseza de exames non resulta extraña, xa que non se trata dunha lingua cun número de alumnado matriculado demasiado grande nin que poida cursarse en todas as escolas. Porén, sí que é unha das linguas que máis matrícula aumenta cada ano, e o interese polo seu estudo está en auxe.

Enténdese que os únicos concursos de oposición sexan en Madrid e Barcelona, as urbes máis importantes dentro de España e que contan coas Escolas Oficiais de Idiomas máis grandes. Porén, creo que esta situación podería estar en proceso de cambio, xa que a Escola Oficial de Idiomas de Vigo séguelle os pasos a estas dúas, chegando incluso a super á de Madrid en matrícula e profesorado.

Pese a todo, aínda que sería interesante que estas oposicións foran convocadas de forma máis asidua, todavía queda moito percorrido para poder chegar a unhas oposicións como as das outras linguas. O temario é bastante descoñecido, e unicamente podemos atopar os títulos das partes que o compoñen en internet, en páxinas como ANPE (sindicato independiente), polo que preparar estas oposicións con tempo e anterioridade, das que apenas existen modelos previos e un temario confuso, é bastante complicado.

Como a futura docente de lingua xaponesa que me gustaría ser, non considero esta situación como a ideal e creo que sería necesario loitar por un cambio. Porén, sendo realista e deixando de lado os desexos persoais, é natural que unha lingua con tan pouco percorrido en occidente, nin que dicir ten en España, non conte cuns procesos de acceso definidos e ben establecidos. Non se ofertan as suficientes plazas como para que establecer un sistema de concurso de oposición sexa algo urxente ou importante sequera. Todavía falta moito para que o xaponés poida compararse a outras linguas con máis historia, como podería ser o alemán ou o italiano, nin que dicir ten como o inglés ou o francés.

Aínda que non sexa realista pedir uns sistemas equiparables aos das outras linguas, si que considero que, como futuros docentes, debemos loitar pola regularización desta lingua dentro da administración nos procesos de entrada ás prazas de docente.

A maior parte dos docentes de xaponés das Escolar Oficiais de Idiomas de Vigo eran interinos ata este mesmo ano, e só conseguiron a praza de funcionarios recentementes grazas ao concurso de méritos que foi obrigatorio convocar o curso pasado. Estas prazas que aínda non son de funcionarios deberían ser sacadas a concurso de oposición cun sistema ben establecido, cun temario definido e de accesible e con posibilidades para todas as persoas que desexen loitar por unha destas prazas.

皆さんはどうおもいますか。また今度[2]


[1] Tradución ao galego: Ola a todos!

[2] Tradución ao galego: Vos que pensades? Vémonos a próxima!

Comentarios

Publicacións populares