ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN, EXPRESIÓN, INTERACCIÓN E MEDIACIÓN

皆さん、こんにちは![1]

Esta nova entrada da materia Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras está dedicada ao terceiro tema do programa, impartido pola docente Cristina Rodríguez, e que ten por título Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula. Procedementos para o fomento das habilidades comunicativas na aprendizaxe das linguas estranxeiras.

Para este tema empregamos un total de dúas sesións e media do programa. A primeira sesión foi fundamentalmente introdutoria, tanto da asignatura en si mesma como en relación aos contidos xerais, e foi nas seguintes nas que nos adentramos en todos e cada un dos puntos que concernían o tema.

A primeira das actividades levadas a cabo estivo relacionada coa mediación en xeral, e foi realizada nesa primeira sesión de presentación. Falamos dos diferentes tipos de mediación posible e das dimensións que contén o termo “mediar”. Distinguimos entre mediar texto, mediar concepto e mediar comunicación. De cada un dos tipos ofrecemos diversos exemplos, como a reformulación (mediar texto), a co – construcción do significado (mediar conceptos) e a creación de espazos (mediar comunicación).

Ademáis destas ideas sobre os diferentes tipos de mediación, resultáronme moi útiles as diferentes posibilidades que comentamos na aula sobre distintos modos de introducir a mediación na aula. Falamos de cuestións como integrar destrezas, introducir outras linguas, cambio de rexistros ou variedades, fomentar o traballo en grupo (colaborativo) e facer uso de auxiliares lingüísticos ou outros visitantes.

Creo que a mediación é unha dimensión do aprendizaxe da lingua estranxeira que non foi especialmente traballada durante a escolarización da nosa xeración. A primeira vez que escoitei falar da mediación foi na Escola Oficial de Idiomas, onde estudei xaponés, e na Alianza Francesa para a preparación dos exames DELF, que contaban cun exercicio deste tipo. Porén, non foi un aspecto en absoluto traballado durante a miña estapa de Educación Secundaria Obrigatoria. É por iso que creo que, en ocasión, teño dificultades para integrar este tipo de actividades na aula, polo que esta sesión introdutoria acerca da mediación foime especialmente útil e permitiume afondar en todos os seus aspectos positivos e dimensións.


Ademais, complementouse á perfección cunha actividade levada a cabo nunha das sesións posteriores. Nela, debíamos idear en grupo unha actividade de mediación para a nosa aula de lingua estranxeira. No caso do meu grupo (GRUPO 4), traballamos coa lingua xaponesa dentro do contexto da Escola Oficial de Idiomas. Adxunto deixo o exercicio que levamos a cabo.

https://docs.google.com/document/d/11tq-wFO7Phtcnqd4yKYcRdUnQAayhCQW8yqfUgLUj5A/edit

Decidimos prantear esta actividade dende o punto de vista da mediación como reformulación, centrándonos no tema do rexistro da lingua xaponesa. Gustaríame aproveitar este pequeno espazo que é o meu blog, que sempre intenta achegarse á realidade da ensinanza do xaponés e do seu aprendizaxe como lingua estranxeira, para reflexionar brevemente acerca deste tema. Pero, para iso, preciso facer unha introdución moi breve acerca do meu proceso de aprendizaxe desta lingua.

Comecei a estudar xaponés aos 15 anos na EOI de Vigo. Nesa época todavía non existían as actividades de mediación nos exames da escola, polo que non foi unha destreza que tivera que practicar en específico (de ahí gran parte do meu descoñecemento). No grao en Estudos de Asia Oriental, que estudei na Universidade de Salamanca, tampouco traballei actividades específicas de “mediación”. Por suposto había exercicios centrados en mediar co xaponés, pero nunca traballamos con ese termo en específico. É agora, de volta a Escola Oficial de Idiomas de Vigo, no último curso de xaponés que se imparte, que traballamos coa mediación como unha sección do exame da parte de produción oral. Esta parte do exame está orientada cara a transmisión de información concreta cunha reformulación da expresión, un dos tipos concretos de mediación que existen.

Partindo de que este é o único exemplo claramente categorizado como mediación dentro do xaponés, o meu grupo decidiu prantear unha actividade algo afastada deste tipo de mediación, para poder traballar con aspectos máis descoñecidos ou coñecidos pero que non traballaramos especificamente como mediación.

Por este motivo decidimos traballar co tema do rexistro na lingua xaponesa, unha cuestión bastante complexa tanto para os propios falantes nativos como para as persoas que o estudamos como lingua estranxeira. A raíz desta proposta, estiven tratando de informarme acerca do uso da mediación para a aprendizaxe da lingua xaponesa. Non atopei demasiados artigos ao respecto, pero si resultoume interesante o estudo realizado por Pete Howell, titulado Cross – Language Mediation in Foreign Language Teaching, no que alude a un exemplo moi semellante ao do noso traballo: “For example, intercultural concepts such as low-context vs. high-context cultures may help Japanese speakers of English to offer extra information when mediating for, say, German speakers of English.” (p.148)

Xa que non atopei máis información ao respecto da mediación en lingua xaponesa (polo menos, non en inglés, francés ou español, aínda que non descarto que exista en xaponés) e desexaba profundizar algo máis no concepto dende unha perspectiva máis teórica, busquei artigos relacionados coa mediación no caso do inglés e o castelán, ou que tiveran un nexo de unión coas escolas de secundaria en España. Así, puiden aprender acerca da opinión dos propios docentes de secundaria sobre a mediación no artigo Teachers’ perceptions of linguistic mediation in the curriculum for advanced English in Madrid secondary schools, de Miguel Fernández Álvarez e Silvia García Hernández (2021).

As seguintes sesións da materia estiveron centradas na proposta e discusión de actividades de comprensión e expresión oral e escrita. Estas sesións foron de corte máis teórico, pero sempre intercaladas con momentos de debate en pequenos grupos nos que falabamos de diferentes preguntas que se pranteaban. Por exemplo, recordo especialmente os apuntes que fixemos sobre feedback e corrección, no que debatimos cuestións como se é boa idea empregar notas ou que cantidade de feedback é a axeitada. Tamén busquei información a este respecto posteriormente, e gustaríame sinalar o artigo How different are the relations between enjoyment, anxiety, attitudes/motivation and course marks in pupils’ Italian and English as foreign languages? De Jean – Marc Dewaele e Anna Lia Proietti Ergün. Nel trátase o tema da motivación do alumnado como medio para mellorar os resultados e como conseguilo.

ここまででした!皆さんはどうおもいますか。また今度![2]

Bibliografía

·       Dewaele, Jean – Marc and Proietti Ergün, A. L. (2020) How different are the relations between enjoyment, anxiety, attitudes/motivation and course marks in pupils’ Italian and English as foreign languages? Journal of the European Second Language Association 4 (1), pp. 45 – 57. ISSN 2399-9101.

·       Fernández Álvarez, M., & García Hernández, S. (2021). Teachers’ perceptions of linguistic mediation in the curriculum for advanced English in Madrid secondary schools. Language Teaching Research, 0(0). https://doi.org/10.1177/13621688211005602

·       Stathopoulou, M. (2015). Cross – Language Mediation in Foreign Language Teaching and Testing. Bristol, Blue Ridge Summit: Multilingual Matters. https://doi.org/10.21832/9781783094127


[1] Tradución ao galego: Bos días a todos!

[2] Tradución ao galego: Esto é todo! Que vos pareceu? Vémonos a próxima!

Comentarios

  1. Ola, María!

    Primeiro de todo, quero felicitarte pola túa entrada detallada sobre o terceiro tema de Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras. É evidente que aprofundiches no concepto de mediación e a súa aplicación na ensinanza do xaponés, ademais de compartir a túa experiencia persoal no aprendizaxe deste idioma, cousa que me parece moi interesante e necesaria!

    Resulta intrigante ver como abordaches a actividade de mediación dende a perspectiva da reformulación, centrándote no tema do rexistro na lingua xaponesa. A elección de traballar con aspectos menos coñecidos ou non tratados especificamente como mediación demostra o teu enfoque reflexivo e creativo na planificación de actividades para a ensinanza de linguas estranxeiras, polo que teño envexa xa dos teus futuros alumnos!

    Tamén aprecio o teu esforzo por buscar información adicional sobre a mediación no aprendizaxe do xaponés. Aínda que a literatura específica pode ser limitada, a túa conexión co artigo de Pete Howell e a exploración de estudos relacionados coa mediación no inglés e no español reflicten o teu compromiso cunha moi boa perspectiva teórica.

    Ademais, é alentador ver como as sesións posteriores centraronse na proposta e discusión de actividades de comprensión e expresión oral e escrita. O debate sobre temas como o feedback e a corrección proporciona unha visión práctica e aplicada da teoría discutida en clase.

    Penso que o teu enfoque en aspectos menos explorados e a túa búsqueda de información adicional contribúen significativamente á riqueza da discusión. Noraboa de novo! Espero ler moitas entradas máis túas :)

    Natalia

    ResponderEliminar
  2. Ola, María. Grazas por esta entrada tan detallada e reflexiva!

    Coméntoche porque pareceume curiosa a túa exploración da mediación na ensinanza da lingua xaponesa, tendo en conta que non tiveches contacto con este tipo de actividades no instituto. Ao igual que ti, eu tamén descubrín a mediación cando estudaba na Escola Oficial de Idiomas e preparando os exames DELF. É sorprendente como un aspecto tan importante da aprendizaxe de idiomas non se integrara máis amplamente no currículo da etapa secundaria.

    Polo tanto, creo que nos resultou igual de útil traballar sobre este tipo de actividades para ter unha idea máis clara de como introducilas na aula nun futuro. As sesións de exploración sobre a mediación, a comprensión e a expresión e a interacción foron imprescindibles para comprendelas e aplicalas na ensinanza de idiomas.

    Grazas por dedicarlle unha entrada tan inspiradora a estes conceptos a través de distintas fontes de información, incluíndo experiencias persoais na aula, para enriquecer a túa abordaxe deste tema.

    ResponderEliminar
  3. Ola, María!

    Gustaríame comentar que sucedeume coma a ti e coma a outra compañeira que che comentou nesta entrada, tamén coñecín o que era a mediación pola Escola Oficial de Idiomas. O meu problema foi que estaba estudando o B2.1 de italiano cando impuxeron esta nova destreza, polo que nin a profesora nin nós sabiamos como se tiña que facer realmente.

    Aínda así, e despois da explicación que fixo a profesora nestas sesións, se pode ver que na nosa vida diaria mediamos moito máis do que creemos. Ademais, este concepto non se abordou case nada durante o Mestrado e para a xente coma nós que faremos as prácticas na EOI, é moi importante coñecer como facer exercicios deste tipo.

    Por último, quería agradecer todo a información que aportas (e que puideches atopar) sobre a mediación do xaponés, xa que para min é un campo moi descoñecido e que non se trata moito nas aulas.

    Un saúdo,
    Andrea :)

    ResponderEliminar
  4. ¡Hola María! Espero que estés bien. Me ha parecido tu entrada muy interesante y que como bien dices en tu comentario en la mía, se complementan bastante bien. A mí me pasó algo similar a lo que te pasó a ti con el tema de mediación, siendo un concepto totalmente nuevo para mí puesto que ni en mi época en la Escuela de Idiomas ni en la propia universidad estudiando el grado se mencionó casi en ningún momento, y sin embargo sí que le veo su utilidad y valor al proceso de aprendizaje de una lengua (cuando conseguí entender a qué se refería todo el mundo con mediación).
    En relación con la actividad, creo que elegimos muy bien y acorde con la importancia que tiene el registro formal en japonés y su dificultad a la hora de estudiarlo como lengua extranjera. Viendo la utilidad y el valor que tiene, creo que es interesante utilizar este elemento de la formalidad al mismo tiempo que se practica la mediación dentro del propio japonés entre ambos registros, creo que favorece el proceso de metacognición, haciendo al alumno consciente de su propio aprendizaje al tener que explicar con otras palabras un concepto ya existente, buscándole el sentido él mismo.
    En definitiva, muchas gracias por tu entrada y espero que te haya parecido interesante la mía. ¡Un saludo!
    Jonay

    ResponderEliminar
  5. Hola María!
    Comparto totalmente esa sensación inicial de desconocimiento de cara a las actividades de mediación, ya que yo tampoco sabía que existía esta competencia hasta que nos enfocamos un poco más en ella en la carrera. No descarto haber realizado actividades de mediación en la ESO o en Bachillerato, pero sin duda fue sin darme cuenta de la tipología de actividad ni su propósito. En realidad, pienso que se debería explicitar que el objetivo de la actividad sea la mediación, porque así los propios alumnos tomarán conciencia de la utilidad de esta competencia a la hora de manejar la lengua extranjera que estén estudiando, incluso en relación con su propia lengua. Creo que justamente el ejemplo que elegimos, el keigo japonés, muestra la versatilidad y necesidad de la habilidade de mediación en un contexto común, y sin duda nos ha quedado más claro a todos cómo plantear un ejercicio que sirva para desarrollar esta competencia.

    Gracias por tu entrada y un saludo
    Francesca

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares