O ESTUDO DA LINGUA ESTRANXEIRA A TRAVÉS DA LITERATURA

 皆さん、おはようございます!元気ですか。[1]

Na entrada de hoxe faremos referencia á primeira sesión da materia, que corresponde igualmente ao primeiro tema: A ensinanza de linguas no presente modelo educativo, nacional e autonómico. Nesta clase falamos, en liñas xerais, da deriva que ten levado a ensinanza de linguas estranxeiras nestes últimos anos dende diferentes ámbitos. Ademais, tamén tratamos esta ensinanza de forma comparativa, tanto botando á ollada cara ao pasado como tentando prever como evolucionará de cara ao futuro.

Dentro da ensinanza das linguas estranxeiras ao longo do século pasado, comentamos como nos anos 50 a literatura tiña un peso fundamental nas aulas. Citando a lei dos anos 50, falábase do «perfeccionamiento del Idioma moderno cursado por cada alumno de Bachillerato, mediante el estudio de una obra de un autor destacado, con el fin de poder expresarse en dicho idioma de palabra y por escrito». Por suposto, esta concepción do estudo da lingua xa foi superada: na actualidade o estudo de linguas a través da literatura é practicamente nulo, coa única excepción dos pequenos libros de lectura obrigatoria da secundaria, que case constitúen unha excepción.

Porén, ser consciente de que hai non tantos anos a literatura conformaba un eixe central no estudo das linguas, levoume á reflexión acerca de se algo desa concepción podería ser recuperado en certa medida. Levando este tema ao caso do xaponés, a lingua na que as diferentes entradas deste blog tentará centrarse, coido que poda tratarse dunha novidade interesante.

Partindo dunha base teórica sobre o tema do aprendizaxe das linguas a través da literatura, numerosos estudosos e teóricos defenderon esta proposta ao longo dos anos. No seu libro Language Through Literature: An Introduction (1997), Paul Simpson escribe que “There is no such thing as ‘literary language’. That is to say, there are no items of modern English vocabulary or grammar that are inherently and exclusively literary’ (p.7). Resulta interesante te esto en conta, xa que, en moitos casos, o rexeitamento do aprendizaxe á través da literatura ven do pretexto de que a linguaxe que emprega é excesivamente “literario”. Agora ben, partindo da idea de que non existe unha linguaxe “artificial” conferida e empregada unicamente na literatura, o uso desta na aula de lingua estranxeira cobra un sentido: ten valor dende un punto de vista lingüístico. A este respecto podemos engadir a idea de Pilar Agustín Llach, que propón, no seu artículo “Teaching Language through Literature: The Waste Land in the ESL Clasroom” (2007)

In the first place, the linguistic criterion defends that literature should be used in language teaching, because it provides the learner with genuine, authentic samples of a wide range of styles, text types and registers. It is extremely important for foreign language learners to be trained in a variety of registers, styles and genres and to be able to discern the function of each of them. These different manifestations of language are not only distinctive linguistically, but also socially, they all have a social communicative function. (p. 3)


Máis alá de criterios puramente lingüísticos (que son, como vimos de comentar, interesantes no caso dunha lectura na lingua que se estuda), considero interesante ter en conta tamén un criterio máis persoal de interese polo contexto no que se desenvolve, de forma viva, esa lingua. Resulta relevante outra apreciación de Agustín Llach a este respecto:

Finally, the motivational criterion is of great relevance because the literary text shows the real feelings of the writer and this generates a powerful motivation in the learner. With the literary text the student accesses this personal experience, if she is touched by the theme and provoked, she will be able to relate what she is reading to her world, to what she knows and feels. Designing stimulating activities that motivate the learners is the greatest challenge for language teachers, and literature has a strong motivating power due to its calling on to personal experience.

Este último criterio conta con especial relevancia no caso do xaponés. A lingua xaponesa emprega unha fala profunda e fundamentalmente tribal. Isto quere dicir que o entorno e a cultura inflúen á linguaxe de forma determinante: non hai lingua sen cultura sen cultura sen a lingua. A miña propia experiencia defende esta tese: na primeira clase de xaponés á que asistín na miña vida, o docente falaba dos “4 pilares” da lingua xaponesa, catro aspectos que debíamos ter en conta en todo momento ao longo do seu estudo. Obviando aqueles centrados no aspecto lingüístico ou sintáctico (o xaponés como lingua aglutinante e a súa estrutura Suxeito Obxecto Verbo), un destes pilares era o seu compoñente tribal.

Nas aulas de lingua xaponesa a cultura é un elemento imprescindible. Na mesma Escola Oficial de Idiomas de Vigo organizan obradoiros culturais de forma semanal posto que as horas de clase non son suficientes para ter unha perspectiva cultural completa. Porén, en poucas ocasións encontrei que fora a literatura esa manifestación cultural a que motivara ese aprendizaxe da lingua.

O motivo pode ser sinxelo: ler literatura xaponesa en xaponés é tremendamente complicado. Máis alá de todos os anos de estudo necesarios para poder comprender historias sinxelas, incluso nun nivel avanzado requiriríase o uso constante dun dicionario de caracteres e vocabulario. Non obstante, creo que, no caso do xaponés, esta aprendizaxe a través da literatura podería realizarse incluso empregando obras traducidas. No seu artículo Teaching Japanese culture and values through Japanese literature in translation: The development of a model syllabus for undergraduate college students, Denise Sharie Patmon defende esta idea: “Exposure to Japanese literature may enable students to grasp the ideas in the Japanese mind, learn and understand elements of Japanese culture, and take part in the creations of the Japanese imagination” (p.6)

Resulta especialmente curioso que, nunha lingua como o xaponés, que posúe varios estudos e conta cun crecente interese no mundo académico, non conte cunha proposta integradora da literatura na súa ensinanza. Para poder elaborar esta entrada, tratei de facerme con máis referencias que apoiaran esta idea, pero apenas encontrei ningunha, Dende o meu punto de vista, esta tese debería ser máis explorada, xa que, nun contexto puramente xaponés, no que o seu mundo cultural e a súa historia ensina tanto acerca do seu pobo e no que toda esta idiosincrasia reflíctese, sen lugar a dúbidas, na súa fala, debería explorarse a idea da ensinanza a través da literatura, aínda que sexa traducida (iso si, cunha tradución directa do xaponés ao castelán ou ao galego).

Ademais, e como argumento de peche, gustaríame considerar unha última idea sobre o uso da literatura na aula de lingua xaponesa. Unha gran parte do alumnado que inicia os seus estudos de lingua xaponesa ven fundamentalmente motivado por un interese previo na cultura pop de Xapón (manga, anime, videoxogos…) Incluso para consumir esa cultura pop de forma máis consciente e comprendendo moitos máis aspectos dela, a literatura é imprescindible.

Podemos propoñer como exemplo a coñecidísima saga de videoxogos Persona. No xogo Persona 5, un personaxe aparece caracterizado como un gato coa capacidade de falar. Chegado un punto, o personaxe convértese en humano, pero mantén as súa forma de expresarse en xaponés. Podemos ver como emprega o pronome persoal de primeira persoa ワガハイ [2](que poderíamos traducir como “eu”) en lugar dos habituais pronomes [3][4][5] (todos eles significan “eu” tamén). Para un ollo inexperto ou descoñecedor da literatura xaponesa, o motivo desta elección de pronome persoal non tería sentido e provocaría confusión e unha busca directa no dicionario. Porén, se a persoa coñece algo de literatura xaponesa, rapidamente saberá que este uso baséase na novela 吾輩は猫である (Son un gato en galego) do autor Natsume Souseki. Este pronome persoal emprégase exclusivamente nesta novela e é empregado polo gato protagonista da historia. É unha referencia interesante e curiosa, e demostra que, definitivamente, a literatura inflúe á lingua e, a súa vez, a lingua inflúe na cultura de todo Xapón.



どう思いますか。皆さん、また今度![6]

Bibliografía:

·       Agustín Llach, P. (2007). Teaching Language throgh Literature: The Waste Lands in the ESL Classroom (Odisea, nº8, ISSN 1578 – 3820, 7 – 17)

·       Helen, C. H. (1999). Language through literature: An introduction. IRAL, International Review of Applied Linguistics in Language Teaching, 37(1), 84. Retrieved from https://www.proquest.com/scholarly-journals/language-through-literature-introduction/docview/204968110/se-2

·       Patmon, D. S. (1994). Teaching japanese culture and values through japanese literature in translation: The development of a model syllabus for undergraduate college students (Order No. 9509677). Available from ProQuest Dissertations & Theses Global. (304131986). Retrieved from https://www.proquest.com/dissertations-theses/teaching-japanese-culture-values-through/docview/304131986/se-2

 

 



[1] Tradución ao galego: Bos días a todos! Como estades?

[2] Wagahai

[3] Watashi

[4] Boku

[5] Ore

[6] Tradución ao galego: Que vos pareceu? Vémonos a próxima!

Comentarios

  1. Tras ler o blogue de María, apréciase claramente o seu enfoque reflexivo e detallado sobre o ensino de idiomas, especificamente centrado no uso da literatura no ensino do xaponés. María presenta un argumento convincente sobre como a literatura pode ser un recurso valioso na aprendizaxe dun idioma, non só polo seu contido lingüístico senón tamén pola súa capacidade de conectar aos estudantes coa cultura e a historia do idioma que están a aprender. A forma en que se vincula a literatura coa aprendizaxe do xaponés é especialmente intrigante. Destaca como a literatura pode ser unha ferramenta efectiva para entender non só o idioma, senón tamén o contexto cultural e social no que se usa. A súa análise sobre a profundidade cultural e tribal da lingua xaponesa e como isto se reflicte na literatura é unha perspectiva única que enriquece o debate sobre as metodoloxías de ensino de idiomas. Ademais, sinala acertadamente o desafío de integrar a literatura no ensino do xaponés debido á súa complexidade lingüística. Con todo, propón solucións creativas, como o uso de literatura traducida, para superar estes obstáculos. Esta proposta non só abre portas a un entendemento máis profundo da lingua e a cultura xaponesa, senón que tamén motiva aos estudantes para explorar e conectar co idioma de maneira máis significativa.
    Quero felicitar a María polo seu excelente traballo neste blogue. A súa capacidade para analizar e propoñer métodos innovadores no ensino do xaponés é admirable. O seu enfoque na literatura como unha ferramenta de ensino vital non só é unha achega valiosa para os educadores de idiomas, senón que tamén é unha fonte de inspiración para aqueles interesados en aprender xaponés dunha maneira máis integral e culturalmente enriquecedora.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares