O ESTUDO DA LINGUA ESTRANXEIRA A TRAVÉS DA LITERATURA
皆さん、おはようございます!元気ですか。[1]
Na entrada de hoxe faremos referencia á primeira sesión da materia, que
corresponde igualmente ao primeiro tema: A ensinanza de linguas no presente
modelo educativo, nacional e autonómico. Nesta clase falamos, en liñas
xerais, da deriva que ten levado a ensinanza de linguas estranxeiras nestes
últimos anos dende diferentes ámbitos. Ademais, tamén tratamos esta ensinanza
de forma comparativa, tanto botando á ollada cara ao pasado como tentando
prever como evolucionará de cara ao futuro.
Dentro da ensinanza das linguas estranxeiras ao longo do século pasado,
comentamos como nos anos 50 a literatura tiña un peso fundamental nas
aulas. Citando a lei dos anos 50, falábase do «perfeccionamiento del Idioma
moderno cursado por cada alumno de Bachillerato, mediante el estudio de una
obra de un autor destacado, con el fin de poder expresarse en dicho idioma de
palabra y por escrito». Por suposto, esta concepción do estudo da lingua xa foi
superada: na actualidade o estudo de linguas a través da literatura é practicamente
nulo, coa única excepción dos pequenos libros de lectura obrigatoria da secundaria,
que case constitúen unha excepción.
Porén, ser consciente de que hai non tantos anos a literatura conformaba un
eixe central no estudo das linguas, levoume á reflexión acerca de se algo desa
concepción podería ser recuperado en certa medida. Levando este tema ao caso do
xaponés, a lingua na que as diferentes entradas deste blog tentará
centrarse, coido que poda tratarse dunha novidade interesante.
Partindo dunha base teórica sobre o tema do aprendizaxe das linguas a través
da literatura, numerosos estudosos e teóricos defenderon esta proposta ao longo
dos anos. No seu libro Language Through Literature: An Introduction (1997),
Paul Simpson escribe que “There is no such thing as ‘literary language’.
That is to say, there are no items of modern English vocabulary or grammar that
are inherently and exclusively literary’ (p.7). Resulta interesante te esto en
conta, xa que, en moitos casos, o rexeitamento do aprendizaxe á través da
literatura ven do pretexto de que a linguaxe que emprega é excesivamente “literario”.
Agora ben, partindo da idea de que non existe unha linguaxe “artificial”
conferida e empregada unicamente na literatura, o uso desta na aula de lingua
estranxeira cobra un sentido: ten valor dende un punto de vista lingüístico. A
este respecto podemos engadir a idea de Pilar Agustín Llach, que propón,
no seu artículo “Teaching Language through Literature: The Waste Land in the
ESL Clasroom” (2007)
In the first place, the
linguistic criterion defends that literature should be used in language
teaching, because it provides the learner with genuine, authentic samples of a
wide range of styles, text types and registers. It is extremely important for
foreign language learners to be trained in a variety of registers, styles and
genres and to be able to discern the function of each of them. These different
manifestations of language are not only distinctive linguistically, but also
socially, they all have a social communicative function. (p. 3)
Máis alá de criterios puramente lingüísticos (que son, como vimos de
comentar, interesantes no caso dunha lectura na lingua que se estuda), considero
interesante ter en conta tamén un criterio máis persoal de interese polo contexto
no que se desenvolve, de forma viva, esa lingua. Resulta relevante outra apreciación
de Agustín Llach a este respecto:
Finally, the motivational
criterion is of great relevance because the literary text shows the real
feelings of the writer and this generates a powerful motivation in the learner.
With the literary text the student accesses this personal experience, if she is
touched by the theme and provoked, she will be able to relate what she is
reading to her world, to what she knows and feels. Designing stimulating
activities that motivate the learners is the greatest challenge for language
teachers, and literature has a strong motivating power due to its calling on to
personal experience.
Este último criterio conta con especial relevancia no caso do xaponés. A
lingua xaponesa emprega unha fala profunda e fundamentalmente tribal. Isto
quere dicir que o entorno e a cultura inflúen á linguaxe de forma determinante:
non hai lingua sen cultura sen cultura sen a lingua. A miña propia experiencia
defende esta tese: na primeira clase de xaponés á que asistín na miña vida, o docente
falaba dos “4 pilares” da lingua xaponesa, catro aspectos que debíamos ter en
conta en todo momento ao longo do seu estudo. Obviando aqueles centrados no aspecto
lingüístico ou sintáctico (o xaponés como lingua aglutinante e a súa estrutura Suxeito
Obxecto Verbo), un destes pilares era o seu compoñente tribal.
Nas aulas de lingua xaponesa a cultura é un elemento imprescindible. Na
mesma Escola Oficial de Idiomas de Vigo organizan obradoiros culturais
de forma semanal posto que as horas de clase non son suficientes para ter unha
perspectiva cultural completa. Porén, en poucas ocasións encontrei que fora a
literatura esa manifestación cultural a que motivara ese aprendizaxe da lingua.
O motivo pode ser sinxelo: ler literatura xaponesa en xaponés é tremendamente
complicado. Máis alá de todos os anos de estudo necesarios para poder
comprender historias sinxelas, incluso nun nivel avanzado requiriríase o uso
constante dun dicionario de caracteres e vocabulario. Non obstante, creo que,
no caso do xaponés, esta aprendizaxe a través da literatura podería realizarse
incluso empregando obras traducidas. No seu artículo Teaching Japanese
culture and values through Japanese literature in translation: The development
of a model syllabus for undergraduate college students, Denise Sharie
Patmon defende esta idea: “Exposure to Japanese literature may enable students
to grasp the ideas in the Japanese mind, learn and understand elements of
Japanese culture, and take part in the creations of the Japanese imagination”
(p.6)
Resulta especialmente curioso que, nunha lingua como o xaponés, que posúe varios
estudos e conta cun crecente interese no mundo académico, non conte cunha proposta
integradora da literatura na súa ensinanza. Para poder elaborar esta
entrada, tratei de facerme con máis referencias que apoiaran esta idea, pero
apenas encontrei ningunha, Dende o meu punto de vista, esta tese debería ser
máis explorada, xa que, nun contexto puramente xaponés, no que o seu mundo cultural
e a súa historia ensina tanto acerca do seu pobo e no que toda esta idiosincrasia
reflíctese, sen lugar a dúbidas, na súa fala, debería explorarse a idea da
ensinanza a través da literatura, aínda que sexa traducida (iso si, cunha tradución
directa do xaponés ao castelán ou ao galego).
Ademais, e como argumento de peche, gustaríame considerar unha última idea
sobre o uso da literatura na aula de lingua xaponesa. Unha gran parte do
alumnado que inicia os seus estudos de lingua xaponesa ven fundamentalmente motivado
por un interese previo na cultura pop de Xapón (manga, anime, videoxogos…)
Incluso para consumir esa cultura pop de forma máis consciente e comprendendo moitos
máis aspectos dela, a literatura é imprescindible.
Podemos propoñer como exemplo a coñecidísima saga de videoxogos Persona.
No xogo Persona 5, un personaxe aparece caracterizado como un gato coa
capacidade de falar. Chegado un punto, o personaxe convértese en humano, pero
mantén as súa forma de expresarse en xaponés. Podemos ver como emprega o pronome
persoal de primeira persoa ワガハイ [2](que poderíamos traducir como “eu”)
en lugar dos habituais pronomes 私[3]、僕[4]、俺[5] (todos eles significan “eu”
tamén). Para un ollo inexperto ou descoñecedor da literatura xaponesa, o motivo
desta elección de pronome persoal non tería sentido e provocaría confusión e
unha busca directa no dicionario. Porén, se a persoa coñece algo de literatura
xaponesa, rapidamente saberá que este uso baséase na novela 吾輩は猫である (Son un gato en galego)
do autor Natsume Souseki. Este pronome persoal emprégase exclusivamente
nesta novela e é empregado polo gato protagonista da historia. É unha
referencia interesante e curiosa, e demostra que, definitivamente, a literatura
inflúe á lingua e, a súa vez, a lingua inflúe na cultura de todo Xapón.
どう思いますか。皆さん、また今度![6]
Bibliografía:
·
Agustín Llach, P. (2007). Teaching Language throgh
Literature: The Waste Lands in the ESL Classroom (Odisea, nº8, ISSN 1578 –
3820, 7 – 17)
·
Helen, C. H. (1999). Language through literature: An
introduction. IRAL, International Review of Applied Linguistics in Language
Teaching, 37(1), 84. Retrieved from
https://www.proquest.com/scholarly-journals/language-through-literature-introduction/docview/204968110/se-2
·
Patmon, D. S. (1994). Teaching japanese
culture and values through japanese literature in translation: The development
of a model syllabus for undergraduate college students (Order No.
9509677). Available from ProQuest Dissertations & Theses Global.
(304131986). Retrieved from https://www.proquest.com/dissertations-theses/teaching-japanese-culture-values-through/docview/304131986/se-2

Tras ler o blogue de María, apréciase claramente o seu enfoque reflexivo e detallado sobre o ensino de idiomas, especificamente centrado no uso da literatura no ensino do xaponés. María presenta un argumento convincente sobre como a literatura pode ser un recurso valioso na aprendizaxe dun idioma, non só polo seu contido lingüístico senón tamén pola súa capacidade de conectar aos estudantes coa cultura e a historia do idioma que están a aprender. A forma en que se vincula a literatura coa aprendizaxe do xaponés é especialmente intrigante. Destaca como a literatura pode ser unha ferramenta efectiva para entender non só o idioma, senón tamén o contexto cultural e social no que se usa. A súa análise sobre a profundidade cultural e tribal da lingua xaponesa e como isto se reflicte na literatura é unha perspectiva única que enriquece o debate sobre as metodoloxías de ensino de idiomas. Ademais, sinala acertadamente o desafío de integrar a literatura no ensino do xaponés debido á súa complexidade lingüística. Con todo, propón solucións creativas, como o uso de literatura traducida, para superar estes obstáculos. Esta proposta non só abre portas a un entendemento máis profundo da lingua e a cultura xaponesa, senón que tamén motiva aos estudantes para explorar e conectar co idioma de maneira máis significativa.
ResponderEliminarQuero felicitar a María polo seu excelente traballo neste blogue. A súa capacidade para analizar e propoñer métodos innovadores no ensino do xaponés é admirable. O seu enfoque na literatura como unha ferramenta de ensino vital non só é unha achega valiosa para os educadores de idiomas, senón que tamén é unha fonte de inspiración para aqueles interesados en aprender xaponés dunha maneira máis integral e culturalmente enriquecedora.